Skip to main content
GL

Volve LALIGA Hypermotion a A Malata

O Racing Club Ferrol recibe esta tarde ás 17.00 horas ao Málaga CF

There are no reactions yet. Be the first!

A tempada comeza hoxe para o Racing Club Ferrol, ás 17.00 horas, en A Malata. Un  histórico do fútbol nacional, o Málaga FC, será o primeiro rival dos pupilos de Cristóbal Parralo no seu segundo exercicio consecutivo na LALIGA Hypermotion. Os departamentais aspiran a que esta tempada o seu estadio sexa de novo o trampolín dende o que alcanzar a permanencia, que é de novo o obxectivo prioritario para esta tempada.

O Racing Club Ferrol reencontrarase co seu público con moitas caras novas. Comezando pola portería, onde Jesús Ruiz e Yoel se suman a Emilio Bernad na defensa do noso arco. David Castro, Julián Delmás, Moi Delgado e Brais Martínez dan continuidade a unha liña defensiva á que se incorporaron os centrais Naldo, Erick Cabaco e Aleksa Puric e o lateral Aitor Buñuel.

Señé, Fran Manzanara e Álex López compartirán este ano a responsabilidade na medular cos recén chegados Álvaro Sanz, Aitor Geraldo e Luis Pernas.

Na banda, por agora, só unha incorporación: Yosu Dorrio, que acompañaría a Nacho. E, na vangarda, Álvaro Giménez seguirá sendo o noso referente seguido neste caso por Eneko Jáuregi e Chiki.

Unha plantilla moi compensada, con ambición e unha combinación de veteranía e mocidade. Un grupo ao que aínda lle faltan tres reforzos por chegar antes de que finalice o mercado estival.

David Castro, aínda convalecente, é a única baixa coa que Cristóbal Parralo contará para este encontro, no que foi convocado o xuvenil David Carballo.

Fronte, os ferroláns toparseán cun adversario que regresa ao fútbol profesional e que pretende que a inercia que o catapultou ata aquí o avalle para volver a consolidarse na categoría.

Sergio Pellicer, o seu técnico, conta coas dúbidas de Moussa e Ramón, mentres que Dani Lorenzo, Luismi e Haitam xa se adestraron con normalidade